A Deputación achega 1,4M€ aos veciños de Samos

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Alcalde de Samos, Julio Gallego Moure, comprobaron o  resultado das actuacións que a Deputación, respectando a autonomía municipal, levou a este Concello. Campos Conde informou que “en dous anos e medio, dende o Goberno Provincial fomos capaces de achegar 1,4 millóns de fondos públicos da Deputación aos veciños de Samos para mellorar a súa calidade de vida”. Gallego Moure agradeceu “a imprescindible implicación do Executivo Provincial para poder ofrecer os meus veciños novos e mellores servizos e dotacións públicas, pois sen a axuda da Deputación non poderíamos facelo”.

Campos Conde explicou que con este 1,4 millóns de euros melloráronse ducias de accesos rurais, alumeados públicos, centros sociais ou estradas, entre outras dotacións públicas e infraestruturas, beneficiando ao conxunto dos veciños do municipio. Impulsou o Estado do Benestar coa xeración directa de 10 novos empregos, coa atención profesional a 21 maiores a través do Servizo a Domicilio para non dependente e a Teleasistencia gratuíta ou coa imprescindible axuda económica que fixo posible o mantemento das vivendas comunitarias e apartamentos titulados onde viven 17 familias e traballan preto dunha decena de persoas.

Estes estaban en perigo de peche porque a Xunta se negou a achegar a súa colaboración. Grazas á axuda Deputación hoxe continúan en actividade. Tamén se dinamizou social e economicamente o municipio mediante o pulo do deporte, a cultura e o turismo, colaborando co tecido asociativo do Concello e levando ducias de iniciativas nestes eidos.

Presidente e Alcalde mantiveron encontros con veciños como os da parroquia de Estraxiz onde coñeceron o grao de satisfacción dos mesmos polos traballos de acondicionamento levados a cabo nas estradas que unen esta zona con Silva e Furela e que beneficiaron directamente aos 100 veciños que viven na contorna.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com