" />

A Deputación anuncia colaboración e compromiso co sector leiteiro

O deputado delegado de Medio Rural, José Ulla, salientou hoxe o compromiso da Deputación de Lugo co sector lácteo e anunciou que a administración provincial colaborará, dentro das súas posibilidades  e competencias, na promoción  de medidas de apoio para facerlle fronte  á actual situación  do sector,  que se acorden  froito do “diálogo e da unidade do sector”.

José Ulla asistiu esta tarde á reunión celebrada en Santiago. “Somos conscientes da situación que están a vivir os produtores lácteos e o risco real que sofren, polo que queremos participar de xeito directo e traballar a prol da garantía da recollida de leite e da consecución dun prezo digno, dentro do marco competencial e das posibilidades das que dispoñemos dende a Deputación”.

Ulla puxo de manifesto “o total apoio e disposición colaboradora e comprometida do goberno da Deputación de Lugo para o desenvolvemento de iniciativas, cunha única finalidade, a de unir forzas e traballar conxuntamente para que se chegue a unha solución. É necesario o diálogo e a unidade do sector lácteo para chegar aos mellores acordos que permitan que as explotacións sigan sendo rendibles”.

O deputado delegado apostou pola a unión de todos os axentes como a mellor estratexia para garantir o futuro do sector e considerou que as mobilizacións e as protestas non son a solución ao problema lácteo. “Queremos colaborar e implicarnos coas iniciativas que se están a sacar adiante e máis tendo en conta o importante peso que este sector ten na provincia”.

“Os gobernos populares sempre estiveron, estamos e estaremos ao lado dos gandeiros, sen mentiras e sen demagoxia. Así as administracións central e autonómica están a actuar para facerlle fronte a esta situación e están a informar, a asesorar e buscar un entendemento entre partes. Dende a Deputación trasladamos e ofrecemos a nosa máxima dispoñibilidade e boa disposición  e confiamos en que as medidas que se van a impulsar dean resultados con urxencia, tal e como reclama o sector”, concluíu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo