A Deputación asina co Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra a achega de 81.000€ para o Plan de Sostibilidade Turística

O Presidente da Deputación de Lugo asinou onte co presidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra e rexedor de Sober, Luís Fernández Guitián, e ante a presencia de alcaldes da zona sur da provincia, un convenio de colaboración a través do que a institución provincial aporta 81.000€ a esta entidade para sacar adiante o Plan de Sostibilidade Turística que lle foi concedido polo Ministerio de Industria e Turismo.

Ao acto asistiron, ademais do rexedor de Sober, os alcaldes de Portomarín, Pantón, Ribas de Sil e Paradela, e a primeira tenente de Alcalde de Monforte de Lemos. “Con este acorto garantimos a execución deste paquete de medidas que lle outorgou o Goberno de España ó Consorcio da Ribeira Sacra co obxectivo de impulsar a transformación deste destino turístico cara a sustentabilidade”, explicou o mandatario provincial.

O Plan de Sostibilidade recolle un total de 38 liñas de actuación para abordar nas en tres anos e, entre os obxectivos, está a inclusión da Ribeira Sacra nas Rutas del Vino de España. Tamén están recollidas actuacións para mellorar a mobilidade, fomentar os transportes sostibles, apostar polas rutas vinícolas e de sendeirismo, recuperar espazos naturais ou accións formativas, todo neste territorio que vén de ser recentemente recoñecido como Reserva da Biosfera.

Esta axuda económica extraordinaria da Deputación de Lugo responde ao 40,5% da achega que deben facer os concellos, que asumen 200.000€ do total de 2M€ do proxecto. Así, ademais de apoiar o turismo, con esta colaboración, a institución provincial tamén coopera cos concellos. Así mesmo, súmase a outras axudas que reciben os concellos a través do Plan Único, do que poden destinar parte para cubrir a súa aportación ao Plan de Sostibilidade Turística. Os 13 concellos da Ribeira Sacra lucense reciben da Deputación de Lugo a través do Plan Único un total de 4,3M€.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com