" />

A Deputación atende un cento de incidencias en 37 concellos polo temporal

O Servizo de Xestión Territorial da Deputación de Lugo, que depende directamente do Presidente, José Tomé, atendeu na xornada deste sábado un cento de incidencias nas estradas provinciais de 37 concellos por mor do temporal Fabien. A maioría das intervencións consistiron na retirada de árbores caídas na vía e na limpeza das estradas afectadas por desprendementos de terra. 

As estradas que permanecen cortadas ao tránsito de vehículos neste momento son as LU-P-1701(Castro de Rei), LU-P-0901 (Bóveda) e LU-P-1102 (Cospeito) por asolagamentos;e LU-P-3502 (Navia de Suarna) e LU-P-1408 (Cervantes) por desprendementos de terra e arborado na estrada. 

Entre as estradas provinciais afectadas polas incidencias, a Deputación de Lugo actuou na LU-P-3601 (A Fonsagrada); LU-P-1303 e LU-P-4505 (Folgoso do Courel); LU-P-1408 (Cervantes); LU-P-3502 e LU-P-1901(Navia de Suarna); LU-P-3601 (Negueira de Muñiz); LU-P-3701(As Nogais); LU-P-4504 (Pedrafita do Cebreiro); LU-P-1611 (Begonte, Friol, O Corgo, Guntín, Castro de Rei, Castroverde, Cospeito e Outeiro de Rei); LU-P- 0507 (Baralla); LU-P-0205, LU-P-3103, LU-P- 3101 (Mondoñedo); LU-P-3401, LU-P-3403 (Muras); LU-P-3809 (Ourol); LU-P- 3006 (A Pastoriza); LU-P- 3006 (Rábade); LU-P-5505, LU-P-5503, LU-P-5506 (Riotorto); LU-P-0104, LU-P-6507, LU-P-6509 (Vilalba); LU-P-1701 (Castro de Rei); LU-P-1102 (Cospeito); LU-P-0901 (Bóveda). 

Ademais, tamén foi preciso intervir en varias localizacións nos concellos de Antas de Ulla, Monterroso, Monforte de Lemos, O Saviñao, Becerreá, Lugo, Palas de Rei, Pantón, Quiroga, Sober e Ribas de Sil para atender incidencias provocadas pola caída de arborado nas vías.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo