" />

A Deputación colabora coa Asociación Ponte dos Santos cunha axuda para o transporte escolar

A Deputada de Facenda, Mayra García Bermúdez, mantivo un encontro este luns no local social do Concello de Barreiros con usuarios e usuarias da Asociación Ponte dos Santos, formada por familias con nenos e nenas con diversidade funcional da Mariña, unha entidade coa que a institución provincial colabora cunha achega económica de 12.000€ para o transporte escolar.

No encontro, no que participou a presidenta de Ponte dos Santos, María José Sante Riopedre, a Deputada puxo en valor o traballo deste colectivo en favor da integración e da mellora da calidade de vida e o benestar dos nenos e nenas usuarios e das súas familias. Con esta axuda, a Deputación colabora cos gastos de transporte para que os rapaces poidan asistir ao colexio de Educación Especial Edes en Tapia de Casariego, evitando que estean separados do seu entorno familiar.

A maioría dos usuarios da Asociación Ponte dos Santos estiveron escolarizados en centros educativos ordinarios, pero as súas necesidades, como o cambio de etapa educativa, deben cubrirse en colexios específicos que na maioría dos casos distan moitos quilómetros dos seus domicilios. O Colexio Edes é un centro específico que recibe alumnado con discapacidade intelectual dende os 3 aos 20 anos de idade e conta con formación en infantil, educación básica obrigatoria e programas de transición á vida adulta. Ademais dispón de instalacións adecuadas ás necesidades dos alumnos, nas que traballan de forma individualizada con cada usuario en obradoiros de cociña, teatro, horta ou xardinaría, entre outros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo