" />

A Deputación contratará un ditame externo sobre os proxectos deportivos para o CD Lugo

A Deputación de Lugo avanza no proceso de alleamento de accións do CD Lugo. A Mesa Técnica retomou este xoves a súa actividade e a Deputación notificou tamén hoxe as resolucións dos dous recursos de reposición presentados contra o procedemento.

Co obxectivo de manter a máxima transparencia e imparcialidade, o organismo provincial contratará un ditame externo sobre os proxectos deportivos das dúas ofertas presentadas, segundo acordou a Mesa Técnica na súa reunión de hoxe. Farao a través dun procedemento público, que sairá mañá mesmo publicado no Perfil do Contratante da Deputación, para que todos os interesados poidan concorrer. A contratación deste ditame externo prodúcese debido á negativa do CD Lugo a valorar os proxectos deportivos.

A Mesa Técnica acordou tamén solicitar un ditame xurídico á Asesoría da Deputación sobre o obxecto social de Frisaqués S.L. Unha vez concluídos os ditames, o deportivo e o xurídico, a Mesa Técnica reunirase de novo de inmediato para facer a proposta de adxudicación, que será aprobada pola Xunta de Goberno.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo