A Deputación destina 1M€ ao tecido deportivo da provincia

A Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar destinar 1 millón de euros ao conxunto do tecido deportivo da provincia. Son 500.000 euros para todos os clubs deportivos da provincia e modalidades e 440.000 para o Ensino, o Burela Fútbol Sala, o Peluquería Mixta Friol e o Emevé, todos eles en primeira ou segunda división.

O voceiro do Goberno, Alvaro Santos Ramos destacou que a Deputación inviste en deporte 12,92 euros por habitante da provincia; “é dicir, duplicamos o investimento da Xunta en Lugo tamén en deportes. E todo isto cando a Xunta ten as competencias directas en deportes e conta cun orzamento máis de 100 veces superior ao da Deputación”.

O Voceiro lembrou que durante os últimos anos, o Goberno da Deputación destinou case 4 millóns de euros a través desas liñas de colaboración deportiva, que permitiu ofrecer unhas 1.350 axudas de 35 modalidades deportivas. Ao redor do 97% do total das axudas foron de concorrencia competitiva, o que significa que todos os pequenos clubs da provincia puideron optar e solicitar as mesmas, promovendo o deporte base lucense.

Desta cantidade, 500.000 euros son axudas dirixidas a todos os clubs deportivos da provincia e de todas as modalidades deportivas, coas que se busca contribuír á súa actividade competitiva ou á organización de eventos. Por exemplo, asumindo gastos federativos, material, equipamento deportivo, cofinanciando competicións ou campionatos por todo o territorio lugués.

A previsión é abrir o prazo de solicitude destas axudas nas vindeiras semanas unha vez publicadas na Base Nacional de Subvencións e no BOP. Os restantes 440.000 euros son as axudas dirixidas aos clubs deportivos da provincia de primeira e segunda división ou categoría, e non son SAD. Estes equipos son os o Ensino, o Burela Fútbol Sala, o Peluquería Mixta Friol e o Emevé.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com