" />

A Deputación inicia os traballos de demolición da casa abandonada na contorna do Rato

A Deputación de Lugo iniciou hoxe os traballos de demolición da casa abandonada do río Rato, para proceder á creación de novos espazos verdes na zona, tal e como avanzaron o pasado 27 de marzo, a Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez e o Alcalde de Lugo, José López Orozco.  Estes traballos contan cunha partida de 100.000 euros procedentes de fondos propios da Deputación.

O organismo provincial ten previsto realizar, no solar do inmoble situado no lucense barrio da Chanca, un espazo axardinado de uso público. As tarefas comezaron hoxe coa demolición do inmoble, unha vez quedou retirado o cableado da vella instalación eléctrica e rematarán previsiblemente, a finais desta semana.

A eliminación deste edificio, inaprazable, por mor das condicións actuais que este presentaba, enmárcanse nunha liña de actuación acometida de xeito conxunto polo organismo provincial e o Concello, encamiñada á mellora da contorna dos ríos Rato e Fervedoira, parte do cinto verde da capital lucense.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo