A Deputación mellorará a seguridade na estrada do Burgo a Palas de Rei

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, e o Concelleiro de Medio Rural de Lugo, Miguel Fernández, mantiveron hoxe un encontro cos veciños do Burgo, no que lles avanzaron que o Goberno da Deputación realizará obras de mellora na estrada LU-P-2901, a vía que vai da LU-232, por O Burgo e Vilamaior de Negral, a Palas de Rei.

Estas actuacións levaranse a cabo, concretamente, nun treito desta vía ao seu paso por San Vicente do Burgo. Son obras das que se beneficiarán centos de persoas que empregan a diario esta estrada, e coas que os Gobernos de Deputación e Concello de Lugo dan resposta a unha vella demanda veciñal.

Esta é unha estrada que ademais de conectar Friol e Palas de Rei polo Burgo, dá acceso a ducias de veciños das parroquias da zona, que a empregan de xeito habitual pois tamén conecta con Guntín. Algunhas destas parroquias son Xanaz, Castrelo, A Retorta, Poutomillos, Bacurin, San Pedro de Mera e Vilachá de Mera.

As actuacións están dirixidas a incrementar a seguridade na circulación dun treito desta vía. As obras consisten na mellora do drenaxe dun treito da mesma, co fin de evitar as acumulacións de auga que derivan no deterioro do firme e producen a aparición de baches. Concretamente, construirase unha taxea conectada con 100 metros con tubaxes coas que mellorar o desaugue desta zona. Ademais, tamén se realizarán melloras nun treito do firme que se atopa deteriorado.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com