A Deputación oferta preto de cincocentas prazas gratuítas para as actividades do II Trimestre de Terras do Miño

A Deputada de Enerxías Renovables e Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, presentou este martes no Salón de Actos do Pazo de San Marcos a programación de actividades medioambientais, do segundo trimestre do Centro de Interpretación Terras do Miño, na que poderán participar de xeito gratuíto, preto de 500 persoas de todas as idades.

Sonsoles López destacou que “a través desta programación, fomentamos o estudo da riqueza natural e patrimonial da nosa provincia, ao tempo que impulsamos as prácticas responsables co medio ambiente”. A Deputada lembrou que “ofrecemos esta nova programación debido ao interese que espertan este tipo de iniciativas pois, no 2014, participaron nelas máis de 1500 persoas de todas as idades”.

López afirmou tamén que esta iniciativa ofrécelle aos cidadáns “unha alternativa lúdica e formativa a custe cero”, avanzando que a Deputación seguirá incentivando proxectos como este, que, “ademais de servirlle aos veciños como alternativa de ocio, pon de manifesto a riqueza medioambiental da nosa provincia”.

A programación, que se desenvolverá ate o 28 de xuño, está dividida en cinco grupos: conferencias, actividades para familias, actividades para nenos e nenas, para adultos e, finalmente, roteiros.

O calendario das actividades programadas son:

Conferencias:

-O día 14 de maio terá lugar a conferencia sobre o Estudo etnomedicinal da Serra do Caurel: Sabedoría e tradición, impartida pola Dra. María Moure, para un número máximo de 40 participantes e que se celebrará no Centro de Interpretación Terras do Miño ás 19:30 horas.

-O día 18 e xuño haberá outra conferencia: Biomímesis: innovación inspirada na natureza, nas mans de Marta Rois, contando cun total de 40 prazas ás 19:30 horas. O lugar no que se celebrará é o Centro de Interpretación.

Para as familias:

-O 24 e 25 de abril está prevista a actividade Obradoiro de micoloxía medio ambiente, dirixida a un total de 40 participantes e que se celebrará no Centro de Interpretación Terras do Miño. O venres terá lugar a conferencia do Dr. Julián Alonso Díaz ás 19:30 horas e o sábado organizarase unha saída ó campo para unha recollida simbólica de lixo de 10:00 a 14:00 horas.

-O 23 e 24 de maio está programada a actividade Curso de rastreo, para un máximo de 20 participantes, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas, no Centro de Interpretación Terras do Miño.

-O 27 e 28 de xuño o Cento de Interpretación acollerá Actividades de relaxación e contacto coa natureza, destinadas a un total de 40 adultos e 16 nenos ou nenas entre as 11:00 e as 14:00 horas.

Para os máis pequenos:

-O 23 e 24 de xuño terá lugar a actividade Biosferas e biosferos, para 25 participantes de entre 8 e 12 anos no Centro de Interpretación Terras do Miño.

-O día 25 de xuño comeza a actividade “Divertirse e imaxinar coa natureza”, no C.I. Terras do Miño de 10:30 a 12:30 horas para un máximo de 15 participantes de 6 a 10 anos.

Para adultos:

-O día 18 de abril está programada a actividade “Curso de iniciación ao enxerto” no Centro de Interpretación para un total de 15 participantes de 10:00 14:00 horas.

-O 16 de maio terá lugar no Centro de Interpretación Terras do Miño a actividade “Elaboración de conservas artesanais” para 20 persoas de 11:00 a 14:00 horas pola mañá e de 16:00 a 19:00 horas pola tarde.

-Por último para o mes de maio, o día 30 dará comezo a “Elaboración de licores” no C.I. Terras do Miño. Esta actividade está dirixida a 20 persoas como máximo de 9:00 a 14:00 horas.

-Os días 6 e 13 de xuño terá lugar o “Obradoiro de cervexa artesá e defectos da cervexa” para un total de 30 participantes no Centro de Interpretación. O horario para o día 6 será de 10:00 a 14:00 e de 15:00 a 18:00. O 13 de xuño será de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00.

Roteiros:

-O 12 de abril dará comezo o Roteiro polo Xistral, ás 9:00 horas para un máximo de 50 participantes.

– O día 10 de maio o Roteiro pola Ulloa, sairá ás 9:00 horas. Esta actividade acolle a 50 persoas en total.

-Finalmente, o 28 de xuño o “Roteiro polo Vicedo” dará comezo ás 9:00 horas para un total de 50 participantes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com