A Deputación ofrece atención a 68 persoas con enfermidade mental a través de ALUME

A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, e a Concelleira de Benestar Social, Ana González Abelleira, mantiveron un encontro con usuarios da asociación ALUME Saúde Mental. Fixérono para coñecer, de primeira man, os resultados da colaboración que manteñen o Executivo Provincial e Municipal con este colectivo que atende a unha media de 68 usuarios á semana de entre 18 e 60 anos de idade.

O Goberno da Deputación achega 32.000 euros a esta asociación para sufragar os custes dun obradoiro de formación prelaboral e un programa de atención a persoas no rural lugués. Ademais, a través do Tecendo emprego, ALUME poderá contratar durante un ano a un educador social.

López Izquierdo sinalou que “colaboramos con ALUME, ano tras ano para garantir medidas que traten de mellorar a calidade de vida das persoas que sofren algún tipo de enfermidade mental. Xunto co Concello de Lugo, mantemos un firme compromiso polo benestar de todos os veciños, demostrando que somos dúas institucións sumamente sociais”.

Da achega total do Executivo Provincial, 11.000 euros son para levar a cabo o obradoiro de formación prelaboral. A través desta iniciativa os usuarios deste colectivo, toman contacto e aprenden actitudes relacionadas con conductas básicas necesarias para desenvolverse adecuadamente nun posto de traballo mediante talleres de cerámica, coiro, pintura en tela… Neste senso, afianzan comportamentos como a implicación e aprendizaxe de horarios, o compromiso de empezar e rematar unha tarefa, a asunción de responsabilidades, coñecer habilidades laborais ou aprender normas básicas para traballar de cara ao público, entre outros.

Ademais das actividades enmarcadas no obradoiro de formación prelaboral, ALUME leva a cabo atención individualizada para os usuarios deste colectivo que sofren enfermidades mentais crónicas. Ofrece, polo tanto, información e coñecemento das patoloxías que padece cada usuario, e traballan no seu tratamento. Nesta mesma liña, tratan de rehabilitar aspectos cognitivos, sociais, de coordinación psicomotriz ou de reincorporación social, a través de talleres moi diversos: de vida saudable, cociña, deporte ou xardinería, entre outros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com