" />

A Deputación patrocina La Vuelta ao seu paso pola provincia de Lugo aportando 60.000€

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, acompañado do director de La Vuelta, Javier Guillén, mantivo esta mañá un encontro organizado pola institución provincial cos alcaldes e representantes municipais dos 12 concellos lugueses polos que discorrerá o día 3 de setembro a etapa 19ª da cita deportiva co obxectivo de informalos da  colaboración económica por importe de 60.000€ que fai a entidade e do impacto en termos económicos e de promoción que terá para a provincia.

O Presidente subliñou que o obxectivo que motivou á Deputación para colaborar coa organización de La Vuelta para o seu paso pola provincia foi colaborar cos concellos da provincia “para sacar adiante todo tipo de iniciativas que favorezan o seu progreso social e económico”, neste caso, coa promoción do territorio a través do turismo.

Apostar por La Vuelta a España, destacou José Tomé, “supón un investimento en proxección  internacional e en promoción turística dun valor, literalmente incalculable. Situada na elite do ciclismo mundial, co Giro de Italia e o Tour de Francia como compañeiras, esta cita é seguida por un público de máis de 400 millóns de persoas nuns 190 países. Os 60.000 euros que aporta a Deputación xeran así un grao de exposición mundial imposible de alcanzar doutro modo”.

O Presidente resaltou que estar presente nesta proba “é unha das mellores formas de levar ó plano internacional a nosa oferta turística, e a nosa aposta por un modelo de turismo de calidade, non masificado, sostible, de experiencias, e respectuoso co medio ambiente, tal e como demanda a sociedade neste escenario de saída da pandemia”.

Ademais do retorno que xera a medio prazo, en termos de turismo, José Tomé lembrou que a organización dunha proba complexa como esta, mobiliza a unhas 3.000 persoas, “o que contribúe, de xeito directo, a reactivar a actividade en sectores tan castigados pola crise como a hostalería, o turismo ou o comercio local”.

La Vuelta en datos

La Vuelta Ciclista a España é seguida anualmente en 190 países, que chegan a unha audiencia real de 400 millóns de espectadores.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo