A Deputación pon en marcha unha campaña de captación de ideas para potenciar Lugo

A Deputación pon en marcha unha campaña de captación de ideas dos cidadáns e das asociacións para potenciar Lugo como destino turístico. “Queremos que os lucenses podan participar na promoción turística da nosa provincia”, asegurou a presidenta da institución, Elena Candia, durante a visita que fixo esta mañá á área recreativa Os Chacotes, en Palas de Rei.

O organismo provincial habilitou como canle de comunicación a dirección de correo electrónico buzon.turismo@deputacionlugo.org para que os que o desexen podan “achegarnos as súas ideas, queixas, suxestións, ou posibilidades de mellora á hora do deseño estratéxico de Lugo como destino turístico”, explicou.

Esta campaña darase a coñecer a través dos medios de comunicación; a maiores de que se colgará un banner na páxina web e nas redes sociais. Facilitarase aos cidadáns un cuestionario para que “nos acheguen a súas suxestións e podamos, deste xeito, facer partícipe á poboación”, concreta.

A maiores, a presidenta da Deputación engade que as asociacións e entidades vencelladas a ese sector e interesadas en participar “poderán solicitar unha reunión cos técnicos do departamento de Turismo, para que coas súas ideas colaboren na promoción turística de Lugo. Estamos ante un deseño turístico participativo”.

Esta campaña estará activa de xeito continuo e con permanencia no tempo xa que a idea é a de que “exista esta canle de comunicación cos veciños”, a maiores de que as propostas que “nos vaian chegando tamén se terán en conta para estudar a súa inclusión no Plan Estratéxico de Turismo 2015/2016, que estamos a preparar dende a Deputación”.

Esta campaña desenvólvese baixo o lema Ti formas parte do Destino de Lugo, Ti es Lugo! e nace con varios obxectivos, entre eles, a interacción coa poboación lucense e a sensibilización e compromiso da poboación co turismo de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com