A Deputación promove, coa Real Academia de Belas Artes, a arte galega

A titular de cultura da Deputación xunto co Presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo, asinaron este luns un convenio de colaboración dotado de 9.000 euros co que o Goberno da Deputación promove as artes do país, impulsando ducias de actividades que realiza esta institución. A RAG de Belas artes é un organismo consultivo composto por profesionais de recoñecido prestixio, divididos nas seccións de pintura, gravado, arquitectura, arqueoloxía e museoloxía, expertos nas artes e artes da imaxe.

A titular de cultura destacou que “o compromiso do Goberno da Deputación en prol da cultura galega é unha realidade que queda demostrada con colaboracións coma estas. É prexiso que dende as institucións continuemos a impulsar o traballo da Academia Galega de Belas Artes, unha referencia en todos os ámbitos artísticos, e un organismo consultivo en patrimonio, museoloxía ou arqueoloxía. Debemos axudar na divulgación do noso patrimonio artístico e cultural, para que as belas artes non esmorezan nos museos. Temos que ser capaces de dotalos de interese e vitalidade e crear un diálogo entre a arte e os veciños, para coñezan o gran valor que teñen”.

A Deputada explicou que ademais deste convenio, Deputación e RAG de Belas Artes traballaron conxuntamente en homenaxes a Maruja Mallo, no Día das Artes Galegas de 2017. Pola súa parte, o Presidente da Real Academia Galega de Belas Artes expuxo que “este convenio ten un dobre interese: por unha banda, expandir máis alá da cidade e da Provincia da Coruña a nosa actividade, buscando a implicación de organismos de toda Galicia, para que así as nosas actividades cheguen a todo o territorio, e por outra, difundir e poñer en valor o grande patrimonio artístico do que dispomos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo