A DXT inicia mañá unha campaña especial centrada no estado dos pneumáticos e das luces dos vehículos

A Dirección Xeral de Tráfico iniciará mañá unha campaña especial de vixilancia que se centrará en verificar o estado dos pneumáticos e das luces dos vehículos. Trátase dunha campaña específica das estradas de Galicia e que se prolongará ata o vindeiro xoves, día 19.

O ano pasado, o 58% dos vehículos nos que viaxaban as vítimas mortais de accidentes de tráfico en vías interurbanas en Galicia tiñan máis de dez anos de antigüidade. Este feito motivou que as Xefaturas de Tráfico en Galicia incluísen no calendario anual de campañas unha dedicada exclusivamente á vixilancia das condicións dos vehículos que circulan polas estradas e, en concreto, ao estado de pneumático e luces, como elementos craves na seguridade dos vehículos.

Lembran, ademais, que nesta época do ano diminúe notablemente a luminosidade nas vías e é máis frecuente a meteoroloxía adversa, polo que aumenta a necesidade de verificar o correcto estado de ambos os elementos.

Durante esta semana, os axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil e o resto de policías locais que se somen á campaña prestarán especial atención ao adecuado mantemento e posta a piques destes dous elementos, sexa cal for o tipo de vehículo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com