" />

A empresa artesanal lucense ‘Conffeti’ consegue o premio ‘Superior Taste Award’

A empresa artesanal lucense Conffeti, ven de conseguir o premio Superior Taste Award do International Taste & Quality InstituteiTQi-, con sede en Bruxelas.

A organización é líder en catas e promoción de produtos alimenticios de sabor superior, coñecidos como a “guía gastronómica Michelín” dos alimentos que se fallan cada ano na capital belga. Este ano a empresa lucense gañou coas súas tellas planas de laranxa chamadas “Konst&Tinas”. O ano pasado fíxoo coa confeitura de castañas ao viño.

É un orgullo para Lugo e un exemplo para todas as mulleres emprendedoras, que Elena e Belén, propietarias da empresa familiar, alcancen este recoñecemento internacional froito do traballo ben feito, da paixón e da ilusión por un proxecto empresarial nado en Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo