" />

A eurodiputada Lídia Senra defende que haxa un control equitativo da producción leiteira

A eurodiputada por AGEe, Lídia Senra, explicou a súa postura no referente ás cotas lácteas, defendendo un control equitativo da producción do leite, subliñando que esta medida debe ir acompañada do reparto das terras, de xeito que non haxa unha desaparición dos pequenos e medianos productores de leite nas zonas do interior hacia as zonas atlánticas, como xa pasou hai algúns anos debido as políticas agrarias europeas.

Senra afirmou que ten que haber productores de leite en todo o territorio que conte con pastos adecuados e un precio que cubra os costes do traballo de producción.

Fíxoo na entrevista concedida a Radio Líder Lugo hai uns días, onde falou das cotas lácteas e de moitos outros temas de interese, e que emitirase íntegramente o vindeiro luns 9 de marzo a partires da unha da tarde no 107.6, ou en streaming dende o noso xornal dixital XornaldeLugo.com.

Tamén estará dispoñible en formato audiovisual dende o martes 10, na canle televisiva de XornaldeLugo.com.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo