A exposición ‘Don Ricardo de Fingoi’ inaugurouse este luns na Casa da Cultura de Vilalba

A partir deste luns poderáse ver a exposición ‘Don Ricardo de Fingoi’na Casa da Cultura de Vilalba, está exposición é unha homenaxe a Carballo Calero por serlle dedicado o Día das Letras Galegas do presente ano, e chegará á Casa da Cultura de Vilalba . A mostra, organizada polo Colectivo Egeria, con patrocinio da Xunta de Galicia e a colaboración da Real Academia Galega e o Colexio de Fingoi, reflicte as “pegadas de Carballo Calero en Lugo”, onde permaneceu quince anos (1950-1965), e desenvolveu unha moi importante actividade na investigación, na educación e na escrita.

O proxecto “Don Ricardo de Fingoi” inclúe, ademais desta exposición itinerante, un folleto que reflicte integramente os trece paneis, e unha web e un libro con opinións e lembranzas de ex-alumnos de Carballo Calero no Colexio de Fingoi.

No seu período en Lugo, Ricardo Carballo Calero leu e publicou a tese de doutoramento, ingresou na Real Academia Galega e comezou a publicación da súa  monumental Historia da Literatura Galega contemporánea.

A exposición ten carácter itinerante, tendo iniciado o seu percorrido no Colexio Fingoi (Lugo) o pasado 15 de xaneiro. Superados os maiores rigores da pandemia, esta mostra estivo na Casa Habanera de Guitiriz, no Centro de Interpretación da Mariña de Foz, no IES Perdouro de Burela, e na Biblioteca Provincial de Lugo. Nas vindeiras semanas seguirá o seu percorrido por concellos e entidades culturais da provincia de Lugo.

www.carballocaleroenlugo.org

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com