" />

A Fapacel denuncia o incumprimento no prazo de execución das obras do CEIP de Cervo

A Federación Provincial de Anpas de Centros Públicos da provincial (Fapacel), amosou esta mañá a súa preocupación, a través dunha carta enviada aos medios, polo incumprimento reiterado dos prazos de execución nas obras do CEIP de Cervo e a desidia coa que a Consellería de Educación “vén tratando esta grave situación”.

“Voltamos a condenar tanto a falta de previsión n planificación das obras como a falta de interés no seu remate”, explican na súa misiva, na que denuncian graves problemas no centro coa humidade. Asemade, Fapacel critica que o centro aínda non ten instalada a caldeira da calefacción, a cuberta do edificio non está rematada e, todo iso, cos alumnos nas aulas.

“Preocupannos as condicións nas que se estan dando clases, pois o alumnado e profesorado ten que sufrir os ruidos e molestias propias dunha obra que se fai en horario lectivo; apoiamos as queixas máis que xustificadas das nais e pais e esiximos á Consellería de Educación, e en concreto á Subdireción Xeral de Construcións e Equipamento que axilice dunha vez o remate das obras”, reclaman.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo