A Federación de Veciños iniciará o control dos servizos do Sergas en Lugo, Cervo e Monforte

A Comisión Permanente da Federación de Asociacións de Veciños da Provincia de Lugo vén de anunciar que iniciará un procedemento de seguimento e control de certos aspectos dentro dos servizos que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) ofrece na área de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte. Esta iniciativa parte da “alarmante situación” que a Federación vén detectando nas listas de espera e nos servizos que deben ofertas estes centros.

A Comisión Permanente levará o control das listas de espera e porán a máxima atención a certos servizos como cardioloxía, traumatoloxía, xinecoloxía ou rehabilitación, entre outros moitos. Asemade, a Federación prestará un seguimento á “tardanza desmesurada na resposta dos resultados” das probas realizadas a pacientes así como aos problemas relativos ao Servizo de Urxencias.

Tamén se interesarán pola potestade real que ten o Servizo de Atención ao Paciente e o seu funcionamento así como da razón pola que, en ocasións, se desvía a accidentados a Clínicas Privadas “cando o HULA debera ser referente para o seu traslado”.

Outra das eivas das que van levar control dende a Federación será a carencia de celadores e cadeiras de rodas para o traslado de pacientes. Ademáis, seguirán pulando pola gratuidade do parking público así como do servizo de televisión e internet en toda a área hospitalaria. Por último, a Comisión Permanente levará o seguimento do mantemento diario das instalacións que, dende o seu punto de vista ten unha “clara carencia” neste aspecto e do “tabaquismo sen control” nas áreas de acceso ao Hula, dentro da área delimitada.

Para pluralizar a información e os datos obtidos, a Federación pon a disposición dos pacientes e usuarios da provincia o teléfono 982.203721 así como os enderezos electrónicos: fedveclucusa@gmail.com e ciudadaniaesaude@gmail.com, nos que os usuarios do servizo médico, deberán facilitar a especialidade na que está en lista, a data na que solicitou a consulta e a data para a que se lle concede (se dispón  dela)  e, como única referencia de control, un teléfono de contacto.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com