" />

A Federación de Veciños segue a captar novas asociacións coa campaña ‘Somos 200’

O presidente da Asociación Laxe Blanca do Corgo, e vicepresidente da área de cultura e prensa da Federación de Asociación de Veciños, Miguel Ángel Corredoira, concedeu unha entrevista a Xornal de Lugo.

Falou entre outros asuntos, da campaña “Somos 200”, coa que a Federación pretende aumentar o número de asociacións federadas ata chegar ás duascentas. “É unha campaña que empezamos hai un mes, percorrendo case todos os concellos da provincia, e que culminará precisamente o 27 de setembro, Día do Veciño”, sinalou Corredoira.

“Ese día celebraremos no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo un acto no que queremos presentar ás novas asociacións federadas. Creo que vamos polo bó camiño e que chegaremos facilmente ás duascentas. Temos federadas xa cento oitenta. O que estamos intentando é chegar a un maior número de veciños e dinamizar máis o rural para ter máis peso específico nas administracións”.

“A cambio de federarse gratuítamente, damos un asesoramento administrativo, distintos cursos formativos, e as asociacións de pretendan formarse de novo, cousa tremendamente complicada, lles facemos nós todo o papeleo, é decir, son todo vantaxes”, concluíu.

Poden escoitar a entrevista completa na canle de televisión de XornaldeLugo.com.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo