A galería Neboa participa en ARCOlisboa 2026 coa proposta de Andrea Davila Rubio e Andrés Rodís

A galería NÉBOA participará na feira internacional ARCOlisboa 2026, que se celebrará do 28 ao 31 de maio na Cordoaria Nacional de Lisboa. A galería luguesa foi seleccionada para a sección comisariada Opening Lisboa, centrada en galerías e prácticas emerxentes.

Para esta edición, NÉBOA presentará un proxecto con Andrea Davila Rubio e Andrés Rodís, dous artistas emerxentes que traballan arredor da superficie, a memoria e a transformación material.

A proposta de Davila Rubio aborda o corpo como espazo atravesado por sistemas de coidado e control. En Lisboa presentará Clean Look, unha peza en vidro e aluminio inspirada en moldes de máscaras faciais cosméticas, que reflexiona sobre a vulnerabilidade e os ideais estéticos contemporáneos.

Pola súa banda, Rodís desenvolve unha pintura baseada na repetición, a xeometría e a observación de arquitecturas cotiás. As súas composicións combinan materiais como óleo, esmalte e cera para construír superficies en constante transformación.

Con esta participación, NÉBOA consolida a súa presenza nos circuítos internacionais da arte contemporánea, apostando por prácticas emerxentes e investigacións visuais innovadoras.

Foto: Cadro de Andrés Rodís

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com