A Garda Civil atende máis de 1300 chamadas avisando de incidencias polos temporais

A Garda Civil na provincia de Lugo, desde o pasado mércores día 18, con motivo da borrasca Elsa e o temporal Fabien que afecto a boa parte da península, participou no dispositivo de emerxencia establecido para atender as distintas incidencias e necesidades derivadas dos citados fenómenos meteorolóxicos.

No centro operativo complexo da Garda Civil coordináronse e atendido máis de 1300 chamadas de veciños que comunicaban distintas incidencias ocorridas nas vías de comunicación, tanto urbanas como interurbanas, zonas agrícolas e vivendas, algunhas das cales solicitaban axuda para auxiliar a persoas en situacións potenciais de risco.

Os axentes nas incidencias ocorridas nas principais vías de comunicación desta provincia, así como no resto de vías secundarias, atendendo as vicisitudes derivadas do corte de estradas, desvíos alternativos de circulación e auxilio de persoas e vehículos.

Respecto ao número de persoas auxiliadas, ben por situacións de risco nos seus domicilios, sinistros de vehículos en tránsito ou colaboración na evacuación de gando en leiras agrícolas, entre outros, a Garda civil ha participado ou colaborado na atención de preto de 100 persoas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com