A Garda Civil dá pautas de seguridade aos maiores de Navia de Suarna

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, participou hoxe na presentación do Plan Maior 2018-2019. Trátase dun programa especialmente dirixido aos maiores que desenvolverá a Garda Civil en distintas localidades da provincia.

A subdelegada do Goberno remarcou o valor desta iniciativa nunha provincia na que moitos concellos teñen unha elevada taxa de persoas maiores e destacou que o obxectivo deste plan é velar pola seguridade dos maiores. Para iso, impártense charlas informativas nas que a Garda Civil dá información e consellos aos maiores para axudalos a previr riscos tanto na casa como nas estradas ou en situacións como poden ser os incendios. Tamén se facilitan pautas para facerlle fronte a posibles abusos de confianza ou de cómo actuar no caso de sofrir malos tratos.

Así, os asistentes á charla impartida esta mañá no Concello de Navia de Suarna recibiron consellos, por exemplo, para afrontar riscos dentro do seu domicilio, como ter o teléfono situado nun lugar fácilmente accesible, manter ben iluminadas e con pasamáns as escaleiras, conservar limpo o interior das chimeneas ou non gardar cartos na casa. Ademais, déronlles recomendacións para evitar ser vítimas de estafas ou timos e tamén se trataron temas como as posibles desorientacións na vía pública.

Entre os obxectivos do Plan Maior figuran o de axudar aos maiores a previr ameazas, coñecer as necesidades e medos das persoas maiores e mellorar a resposta da Garda Civil en función das necesidades que ten este grupo de poboación.

A Garda Civil xa ten previsto realizar outras charlas do Plan Maior nos concellos de Cervantes e Baralla.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com