A Garda Civil identifica aos autores dun delito de estafa por internet

A Garda Civil, en colaboración coa policía federal australiana e a Europol, identificou, no marco da operación Ñandús iniciada en Lugo no ano 2015, aos presuntos autores dun delito de estafa coñecido como ‘boiler room’ ou venta de accións inexistentes, sendo intervidos polas Autoridades Australianas 8 millóns de dólares australianos.

No marcos desta operación foron vítimas dous veciños de Baralla, a estos investidores se lles prometían grandes beneficios tras indicarlles que depositaran fondos en contas bancarias de entidades de Nova Zelanda, Australia e Hong Kong, ingresando 3.000 euros nunha suposta empresa de inversións bursátiles.

Os inversores ven, on-line, que o saldo da súa conta se esta “comercializando” e que está aumentando o seu montante por riba das súas expectativas. A comercialización realízase supostamete por operadores expertos que utilizan programas informáticos específicos con servidores no estranxeiro.

Os inversores recomendan, patrocinan ou convidan a coñecidos para que realicen tamén ingresos nesta rede, na crenza de que eles están sacando beneficios. A recomendación doutros inversores para que  participen no sistema conleva tamén incentivos económicos, en moitos casos os inversores non poden subscribirse se non foron recomendados por outros.

Os fondos do inversor transfírense a unha ubicación extraterritorial para o beneficio exclusivo dos integrantes desta rede e os saldos que se amosan na web continúan aumentando cando na realidade non é así. Unha vez que os inversores intentan retirar os seus fondos, se lles presenta un abanico de excusas polas cales nunca reciben os cartos.

Neste caso se lles esixía a realización de novos ingresos para a expedición dunah tarxeta bancaria ao obxecto de retirar as ganancias das inversións, que nunca se recibe.

Este tipo de delitos permite obter grandes beneficios aos autores, ao tratarse de estafas múltiples de ámbito internacional con unha pluralidade de vítimas, operando dende terceiros países, coas contas bancarias e servidores das webs utiliadas en distintas nacións o que dificulta a identificación e detención dos autores.

Os beneficios desta estafa foran transferidas a entidades bancarias de Filipinas e Serbia, sendo identificados cinco homes e tres mulleres, a maioría de orixe serbia e filipica e con vínculos familiares entre eles.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo