A Garda Civil investiga a venda ilegal de especies exóticas na provincia de Lugo

A Garda Civil detectou nas últimas semanas como a través de internet poñíanse á venda especies exóticas protexidas, principalmente aves, incluídas no convenio Cites (convención sobre o comercio internacional de especies ameazadas de fauna e flora silvestre), iniciándose unha investigación para comprobar se as persoas anunciantes posuían a documentación que amparase a súa legal tenencia.

Como resultado das xestións practicadas procedeuse á aprehensión de 20 aves exóticas en vivendas e tendas de animais situadas en distintas localidades da provincia lucense.

No marco desta investigación están a confeccionarse informes para a súa remisión á administración de Aduanas por supostas infraccións á Lei Orgánica 12/1995 de represión de contrabando e á fiscalía, por acharse especímenes incluídos no apéndice I do convenio cites.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo