" />

A información pública o proxecto de trazado da Autovía da Mariña no treito Burela – Foz

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, celebrou hoxe o avance dado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana ao proxecto de construción da Autovía da Mariña (A-74). A subdelegada destacou que “o Ministerio cumpre coa Mariña e, tal como anunciara a semana pasada a ministra Raquel Sánchez vén de sacar a información pública o proxecto de trazado da Autovía da Mariña no treito Burela-Foz”.

Isabel Rodríguez destacou que “hoxe temos una nova boa noticia para a Mariña que demostra o firme compromiso do Goberno coa comarca e con esta provincia”.

Rodríguez lembrou que “onte asistimos á presentación de dous proxectos de importancia para a Mariña que contan con financiamento do Goberno como son as balizas instaladas pola DXT na A-8 e o Plan de Sostibilidade Turística” e “hoxe temos temos que felicitarnos polo avance nun proxecto, que supón unha prioridade para o Goberno e que está chamado a mellorar as comunicacións da comarca”.

A subdelegada informou de que, tal como informara a Ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, o Boletín Oficial do Estado publica hoxe o anuncio polo que se aproba provisionalmente e se somete a información pública o proxecto de trazado da Autovía A-74, de A Mariña, no treito Burela-Foz. A documentación do proxecto estará exposta ao público nos concellos de Foz, Burela e Cervo, na Unidade de Estradas do estado en Lugo e na Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, na Coruña. Ademais, a documentación do proxecto está dispoñible na sede electrónica do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo