A Mariña suma hoxe 144 casos activos de Covid-19

A Consellería de Sanidade confirmou, segundo as probas realizadas ata esta mañá, outros 23 casos positivos de persoas afectadas por Covid-19 no brote de A Mariña. Os novos casos detectados pola Plataforma de Vixilancia e Control Epidemiolóxica e polos Servizos de Medicina Preventiva e Saúde Pública do Sergas elevan a 144 o número de casos activos de Covid-19 nestes momentos.

O primeiro caso de infección por Covid-19 detectouse o martes 23  de xuño. A partir desta confirmación inicial, fíxose un rastrexo e analizáronse todos os contactos das persoas que se foron vendo afectadas. O día de onte foi un dos que máis PCR vencelladas ao brote se realizaron, cun total de 283 probas, que confirmaron a existencia de 23 persoas positivas en Covid-19 no seo do brote de A Mariña. Nestes momentos, son 144 os casos activos relacionados co brote nesta zona.
Hai que destacar que todos estes positivos están relacionados co brote, o que permite garantir a trazabilidade dos casos e seguir na mesma estratexia de busca activa de contactos e realización de todas as probas necesarias de forma precoz para cortar canto antes a transmisión.
Dos 144 casos activos a maioría son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve, e teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días. Cinco persoas con Covid-19 atópanse ingresadas no Hospital Público da Mariña e a súa evolución é favorable. Do mesmo xeito, as persoas cuxas probas deron resultado negativo permanecen en seguimento no seu domicilio, asesorados pola Plataforma de Vixilancia Epidemiolóxica e os Servizos de Medicina Preventiva e Saúde Pública do Sergas. Máis de 250 delas xa recibiron a alta epidemiolóxica tras superar o período de illamento e non desenvolver síntomas. A Consellería de Sanidade segue a investigar posibles contactos dos novos positivos que van xurdindo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com