A Muralla xa conta cun ascensor para o acceso ao adarve

Un proxecto conxunto, onde participaron as tres administracións (Deputación, Concello e Xunta de Galicia) fíxo posible o acceso universal á Muralla, a traveso dun ascensor que permite a persoas con mobilidade reducida acceder ao adarve do monumento dende a zona de San Marcos.

Para situar o primeiro elevador á Muralla, a Deputación cedeu un espazo de 6,70 metros cadrados, afincados ao final do Carril dos Romanos. Con este proxecto dáse resposta á longa reivindicación de colectivos como Auxilia.

Con esta colaboración, o organismo provincial, segue a apostar por humanizar os espazos públicos; xa o fixera coa apertura dos xardíns de San Marcos, un espazo que sempre estivo pechado, ata que a Deputación e o Concello o abriron a traveso do Plan Urban, o que permitiu dar continuidade ao paseo interior da Muralla.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com