A nova Alcaldesa reunirase esta tarde con Lugonovo e mañá co BNG

A nova Alcaldesa de Lugo, a socialista Lara Méndez reunirase coas dúas formacións que permitiron o seu investimento como rexedora da cidade, esta tarde con Lugonovo e mañá co BNG-AA.

Así o afirmou en declaracións aos medios antes de percorrer entre hoxe e mañá a totalidade dos servizos municipais, xa que segundo afirmou “os funcionarios que traballan para o Concello son o auténtico piar do funcionamento do consistorio, e quero agradecérllelo persoalmente”.

Ao respecto dos encontros que terán lugar esta tarde, Méndez sinalou que no caso de Lugonovo e da súa reclamación de recortar o gasto municipal dos cargos públicos e da asignación correspondente a cada partido político, “a situación tornou considerablemente xa que en lugar de tres forzas políticas no Concello, agora somos seis, polo que aínda que a proposta se debatira, está claro que con este cambio a asignación total da que se dispoñía, vese xa reducida ao ter que repartirla entre tres partidos máis”.

A Alcaldesa afirmou que os socialistas tamén reuniránse co resto de partidos políticos “para dialogar e chegar a acordos, de xeito que a oposición non entorpeza a labor pública que pretendemos achegar a todos os veciños”.

No tocante a esta nova situación no consistorio, Méndez sinalou que “é necesario facer reformas para que cada unha das forzas políticas novas dispoña de infraestructuras axeitadas no Concello para poder realizar a súa labor. Na maior brevedade posible tentaremos que estos medios estean ao seu alcalce”.

Por último, lembrou que aínda que queda un mes para a constitución da nova corporación municipal, “agardamos poder facelo no menor tempo posible”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com