" />

A Plataforma pro Hemodinámica esixelle a Sanidade que informe do número de falecidos en desprazamentos por infarto

O Coordinador da Plataforma pro Hemodinámica 24 horas, Radioterapia y Medicina Nuclear no HULA,  José Manuel Carballo, afirmou hoxe que a Conselleira de Sanidade continúa incumprindo as súas obrigas para coa oficina do Valedor do Pobo, xa que segundo Carballo, non informa do número de falecidos por infartos en desprazamentos a A Coruña, ou do número destes a consecuencia dunha atención tardía, pola carencia de sala de Hemodinámica 24 horas en Lugo, tal e como lle esixiu o Valedor.

Asemade, Carballo informou de que en menos de 15 días estarán dispoñibles e visibles as pancartas e carteis que denuncian estes incumprimentos e dispoñerán dun sistema de megafonía que percorrerá as rúas e parroquias do concello de Lugo, “para volver informar dos incumprimentos e actitudes de Feijóo e de Rocío Mosquera”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo