A Plataforma Sanitaria da Mariña denuncia a falta de dous cardiólogos do Hospital da Mariña

A Plataforma Sanitaria da Mariña foi coñecedora nestes días da situación caótica na que se atopa o servizo de cardioloxía ao faltar , desde fai uns quince días polo menos, a segunda das cardiólogas que forma parte da plantilla do servizo, e ficar o mesmo cun só profesional . O único cardiólogo que atende nestes momentos unha poboación de setenta mil habitantes está a atender solamente urxencias.

No pasado mes de novembro este colectivo xa denunciara públicamente a falta dun dos tres profesionais que forman o cadro facultativo do servizo , por mor dunha excedencia, quedando a comarca moi deficitaria nesta prestación, básica e cunha alta incidencia e prevalencia , tanto de patoloxía que require seguimento , coma de eventos urxentes que fan perigar a vida das persoas.

Desde A Plataforma Sanitaria da Mariña esiximos á xerencia que se repoña e restableza o servizo de cardioloxía , polo menos ao seu nivel previo a setembro de 2020, un nivel que xa era precario e que xa foi denunciado aos medios, máis “ nestes momentos a situación é crítica e precisa que se tomen medidas urxentes sen máis dilación – denuncia a coordinadora da plataforma.

Lembrámoslle ao Sergas e ao gobernó da Xunta que situacións coma esta veñen facéndose públicas desde hai anos, e mesmo queremos destacar a cantidade de falacias que obtivemos por respostas , chegando a declarar que en caso de ser necesario virían especialistas do HULA a traballar ao hospital da Mariña. Nada máis lonxe da realidade, cando comprobamos que están a “deixar un deserto un servizo esencial e prioritario, mesmo sabendo que no HULA existe una plantilla de máis de vinte profesionais – conclúen.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com