A Plataforma Sanitaria denuncia a perda do servizo de reumatoloxía do Hospital da Mariña

A Plataforma Sanitaria da Mariña vén de coñecer, a través de queixas de pacientes , que a reumatóloga que había no Hospital da Mariña comezou a traballar no HULA e, de momento, está a desplazarse os luns ao Hospital da Mariña a pasar consulta, polo que a efectos prácticos pérdese outro servizo máis no distrito da Mariña.

Segundo indica a plataforma, a comarca contaba ata hai pouco cunha reumatóloga para a atención de una poboación de uns setenta mil habitantes. Desde o colectivo sanitario denunciaron en reiteradas ocasións que era “de todo insuficiente” e que se precisarían dúas profesionais para que a poboación estivese “mínimamente atendida”. Agora, coa marcha da reumatóloga para Lugo, “quedamos nunha situación caótica, xa que unha reumatóloga un día á semana semella una tomadura de pelo para mariñás e mariñaos”.

A Plataforma Sanitaria vén facendo reclamacións de pacientes, tanto nos dispositivos móbiles que creou hai un tempo (UMAR) e que neste momento están suspendidos por mor da pandemia, como individualmente e “a goteo” no resto dos días. “Somos sabedores por este
motivo, que hai pacientes de reumatoloxía sen ver desde o ano 2017”. A coordinadora do colectivo sanitario, Montse Porteiro asegura que “este tempo de agarda é inadmisible e mesmo incumple toda normativa e leis de garantías, tanto se están en listas de agarda oficiais coma se están nas listas non estruturais”.

A este respecto o tamén portavoz da Plataforma, Víctor Vila manifesta que “tiñamos razón cando advertimos da perda de servizos que suporía a eliminación da área sanitaria, e que os ‘máis e mellores servizos’ que profetizaba o entón delegado da Xunta non son máis que una
falacia”. Desde este colectivo esixen ao Sergas que “poña fin a esta situación de desamparo e abandono de pacientes” e dote o servizo dos profesionais necesarios a tempo completo, durante todos os días da semana. “Parécenos que a ampliación de espazos é moi necesaria, como así vimos mantendo desde o ano 2010, máis  as publireportaxes vendendo metros cadrados e millóns de euros non teñen ningún sentido se perdemos servizos e profesionais, máis alá de lavar a imaxe privatizadora e destrutora da sanidade pública que ten o goberno da Xunta”, conclúen.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com