" />

A Plataforma Sanitaria reclama ao Sergas que non se anunciaran novos servizos dos “máis e mellores que prometeron”

En resposta á comparecencia do conselleiro de sanidade no Parlamento, a Plataforma Sanitaria da Mariña manifesta que, ainda que é moi boa nova a reforma de espazos e servizos existentes, “non anunciou nin un só servizo dos máis e mellores que prometeron a través do seu delegado territorial, José Manuel Balseiro” .

Segundo explica a Plataforma, comprenden “que lle entren agora as présas ante a inminencia das eleccións galegas” que “os colle co traballo sen facer e cun movemento de contestación social moi importante” pero, tamén consideran que as declaracións do Conselleiro de Sanidade sobre a aposta da Xunta polos hospitais comarcais, son “insultantes”, en especial, di a Plataforma, cando fai referencia en que haberá “máis e mellores servizos”.

En relación á reforma de espazos en urxencias e ao laboratorio multicéntrico a Plataforma Sanitaria da Mariña aclara que toda remodelación que mellore os espazos e os servizos existentes “merece os nosos parabéns ao Goberno que o acomete, máis seguimos sen falar dun só novo servizo ou dotación de nova creación”; comentan desde o colectivo.

Resaltan tamén que o conselleiro fala dun programa de fisioterapia para pacientes crónicos, “que agardamos non sexa igual que o que implantaron cando fixeron o concerto con empresas privadas”, para derivar os casos crónicos que precisaban fisioterapia, co resultado de rescisión do convenio por parte da empresa sen avisar aos pacientes, aos que deixaron “colgados con tratamentos sen finalizar”, explica a coordinadora do colectivo. “Se queren implantar una programación en condicións que revisen a hemeroteca porque desde este colectivo xa lles demos as pautas acerca de como acometelo”.

Desde a última manifestación convocada por SOS Sanidade Pública, hai exactamente un ano, a situación da sanidade pública “empeorou de forma manifesta”, e mesmo xurdiron novos colectivos sanitarios que se sumaron ás denuncias públicas que se veñen facendo, polo que xera bastante desconfianza nos colectivos e na poboación
a gran cantidade de medidas que “van tomar xusto agora, á desesperada e cunha cita electoral ás portas”. “Cheira moi mal e non se pode engañar á xente por máis tempo”, conclúen.

Manifestación en Compostela

A Plataforma Sanitaria da Mariña fletou dous autobuses para acudir o vindeiro domingo día 9 de febrero á manifestación convocada por SOS Sanidade Pública en Compostela . Baixo o lema de En Defensa da Sanidade Pública Galega, agárdase que acudan miles de persoas “defraudadas, descontentas e indignadas” coas políticas sanitarias do goberno da Xunta.

Sairá un autobús de Burela ás 8:30 h da estación de autobuses. Fará una primeira parada en Foz, na estación de autobuses ás 8:45 h, para continuar cara a Valadouro, onde fará outra parada ás 9:00 h na Praza de Santa María. A última parada deste itinerario será en Alfoz, diante do bar Rodolfo, ás 9:10 h. O segundo autobús sairá da estación de autobuses de Ribadeo ás 8:45 h. e fará una única parada no Asador ás 9:00 h.

Asemade, segundo informou hoxe a CIG, dende a capital lucense, haberá un autobús que sairá ás 10:00h desde diante do Edificio Sindical para o que hai que anotarse nos teléfonos 982.225.812 ou 982.296.527.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo