A praia do Torno renova a súa bandeira Ecoplaya

A Praia do Torno renovou a súa bandeira Ecoplaya para este ano 2025, como recoñecemento á súa calidade e excelencia turística. Trátase da XVIII edición destes distintivos que concede a Asociación Técnica de Xestión de Residuos e Medio Ambiente ‘Ategrus’, na que o xurado valora “o compromiso coa mellora da calidade do nosos areais.”.

Para conseguir as bandeiras Ecoplayas tense en conta aspectos como a limpeza intensiva do areal, a calidade das augas, a existencia de equipamentos óptimos, as condicións de accesibilidade ou o conxunto de servizos prestados aos usuarios.

En  palabras da alcaldesa, “esta bandeira non é só un trofeo, é un recordatorio da responsabilidade que temos de protexer e preservar as nosas Praias e o noso entorno natural”. As praias son espazos de encontro, de esparexemento, pero tamén son ecosistemas fráxiles que necesitan da nosa protección e coidado.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com