" />
Ribeira Sacra Viñedos

A sarabiada provoca en Chantada a perda de toda a produción nunhas 70 hectáreas de viñedos

A forte sarabiada caída onte nun pequeno intervalo de tempo no lugar de San Fiz, en Chantada, arrasou a totalidade dos viñedos dun terreo dunhas 70 hectáreas. Así o sinalou o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe da Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez. Outras plantacións víronse afectadas entre un 10 e un 30%. 

Das 70 hectáreas arrasadas, 30 están acollidas ao Consello Regulador e en todas elas concentrase a actividade de catro empresas. Os outros viñedos afectados estaban dedicados ao autoconsumo. Con todo, Rodríguez explicou que dende o Consello Regulador xa se plantexa a petición de axudas para afrontar a recuperación dos viñedos tras os importantes danos causados. 

E neste mesmo senso, o Sindicato Labrego Galego reclama da Consellería de Medio Rural que, con carácter de urxencia, realice unha avaliación dos danos sufridos pola sarabiada de onte, e que arrasou unha das principais zonas produtoras de uva da denominación de orixe Ribeira Sacra, especialmente a parroquia de San Fiz e outras veciñas como Sabadelle, Belesar, San Vitorio ou Pesqueiras, nas subzonas de Chantada e Ribeiras de Miño. O SLG pide tamén que se poña en marcha unha liña de axudas para paliar os danos e as perdas sufridas.

Ademais de destruír colleitas enteiras, cónstalle ao sindicato que as treboadas levaron por diante valados, socalcos e mesmo destruíron vides. Estes danos, que supoñen a destrución da campaña que ía comezar na vindeira vendima e os ingresos de todo un ano, súmase ás perdas acumuladas debido ao estado de alarma e o peche da hostalería.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo