A Semana de Cine de Lugo rende homenaxe a Luís Tosar

A Semana de Cine de Lugo, na súa edición XLII, ven de render homenaxe a Luis Tosar cun libro, unha placa no Paseo lucense do cine, e a entrega dun agasallo conmemorativo.

A irmá do actor, Pilar López Tosar, presente no acto, recibiu o agasallo e tivo emocionadas palabras de agradecemento, no nome do seu irmán, polo especial feito de que esta homenaxe se lle faga na súa terra, disculpando a ausencia de Luis por compromisos cinematográficos, e desexando o mellor para a Semana de Cine e para os lucenses.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com