" />

A Subdelegación do Goberno ultima os preparativos dun novo reparto de axuda alimentaria

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo co responsable da dependencia de Agricultura da Subdelegación do Goberno, Enrique Liñares Iglesias, na que trataron dos preparativos do novo reparto de alimentos que realizará na provincia o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Trátase da terceira fase do programa do Fondo de Axuda Europea para Persoas máis Desfavorecidas. O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a través do Fondo Español de Garantía Agraria encárgase, entre outras cuestións, de comprar os alimentos mediante un procedemento de licitación pública.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo