" />

A veciñanza de Lugo propón 220 aportacións aos Orzamentos Participativos

A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, fixo balance esta mañá da primeira fase, a recollida de propostas, dos Orzamentos Participativos, que puxo en marcha o equipo de goberno coa finalidade de que a cidadanía tome a palabra para decidir en que investir unha partida de 350.000 euros dos orzamentos municipais. O Concello recibiu máis de 220 aportacións da veciñanza, o que para o Goberno supón unha experiencia enriquecedora e un balance moi positivo.

Tal e como explicou a edil, recolléronse máis de 200 propostas a través da web, loop.lugo.gal, que contou cun número moi elevado de visitas, ao redor de 1.200; ademais das que se presentaron tamén no Rexistro Xeral do Concello -unhas 20- e as que se recolleron nas catro xuntanzas de barrio que se celebraron ao longo do último mes.

Rexistráronse máis de 140 persoas usuarias, moitas delas en nome de asociacións de veciños, empresariais, deportivas e culturais. Entre as áreas as que se presentaron maior número de propostas están as de enxeñería, parques e xardíns, emprendemento, deportes, medio ambiente, policía local e mercados.

Tras esta primeira fase, terá lugar unha segunda de avaliación da viabilidade destas propostas, por parte dun equipo técnico municipal. A continuación, haberá unha terceira fase, a de votación das propostas, tecnicamente viables, que é outra forma máis de partipación, máis aló de propoñer iniciativas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo