" />

A veciñanza de Ribadeo preocupada polo uso da illa Pancha para apartamentos

Veciños e veciñas de Ribadeo preocupados polo uso da illa Pancha por unha empresa privada para apartamentos turísticos constituíronse no colectivo “Polo noso faro”. Dito colectivo demandou a colaboración de Ecoloxistas en Acción ante o desleixo das administracións por responder así súas solicitudes administrativas e peticións de informacións.


A lexislación portuaria parte da regra xeral de “prohibición de uso habitacional ou residencial, coincidindo co tenor da Lei de Costas que sinala que no dominio público portuario só poderán levarse a cabo actividades, instalacións e construcións acordes cos usos portuarios e de sinalización marítima, de conformidade co establecido ns Lei de Portos do Estado e da Mariña Mercante”.

Os requisitos legais que permiten o eventual levantamento da prohibición para o seu uso hostaleiro deben obedecer a razóns de “interese xeral” debidamente acreditadas. En todos os casos, ha de intervir preceptivamente Portos do Estado emitindo o correspondente informe, o cal debe ponderar os motivos que xustifican a implantación do uso hostaleiro, e a súa harmonización co interese xeral informado pola Autoridade Portuaria”.

Ecoloxistas en Acción reclama á Autoridade Portuaria de Ferrol – San Cibrao o “informe no que se recollan os motivos que xustifican a implantación do uso hostaleiro e a súa harmonización co interese xeral”.

Na denuncia presentada Ecoloxistas en Acción solicita á Autoridade Portuaria de Ferrol – San Cibrao que se ordene “incoar o correspondente procedemento sancionador e que na resolución que recaia no mesmo, ademais das sancións que procedan, impóñase ao infractor a obrigación de reparar o dano causado, e subsidiariamente, que indemnice os danos e prexuízos que non poidan ser reparados, impoñéndose ao infractor as multas coercitivas necesarias para cumprir o ordenado, en caso de non realizar voluntariamente a reparación ou indemnización impostas”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo