Hamlet de Teatro Clásico de Sevilla Hamlet de Teatro Clásico de Sevilla

Á venda as entradas para a programación de artes escénicas do Gustavo Freire

O Concello xa ten á venda as entradas para a programación de artes escénicas que organiza no Auditorio Municipal Gustavo Freire, ata o mes de xuño, co obxecto de ofrecer a todos os públicos diversas propostas relevantes de arte na cidade. Trátase, concretamente, de espectáculos para adultos e familias, así como teatro clásico, danza e música.

O importe das entradas, para obras e concertos para público adulto é de 10 euros en zona A e 8 euros en zona B. Existe desconto do 20% para persoas en paro, menores de 30 anos, pensionistas e actores e actrices asociados á Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG).

As entradas poden mercarse a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina Municipal de Turismo, na Praza do Campo, ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo. As persoas que adquiran entrada con desconto deberán acreditarse na porta de acceso.

O bono para as catro funcións de teatro clásico é de 25 euros, e poderá adquirirse na Oficina de Turismo no seu horario de apertura habitual ou a través do portal web entradaslugo.es ata o 8 de febreiro. Para espectáculos para público familiar a entrada é de 4 euros para os adultos e nenas e nenos, dous euros.

Esta nova axenda cultural arrinca este sábado, 2 de febreiro, coa obra Eroski Paraíso, a primeira produción de Chévere despois de recibir o Premio Nacional de Teatro. É un proxecto escénico construído sobre a promesa dun paraíso social feita por un Estado de Benestar que agora se desmorona. O paraíso prometido era en realidade un gran hipermercado. Este é o retrato dunha xeración que tivo todo ao alcance da man e andou pola vida como se andase polo corredor dun supermercado, sometida ás mesmas técnicas de márketing que se usan para influír nas decisións de compra das persoas consumidoras.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com