“A viaxe á fin do mundo” do sarriao Manuel F. Rodríguez presentouse o venres en Sarria

O venres presentouse na Casa da Cultura de Sarria a novela “ A viaxe á fin do mundo” do xornalista e escritor desta vila, Manuel F. Rodríguez. A novela ten como transfondo a historia dun roubo na catedral de Santiago, a principios do século pasado. Rodríguez, bo coñecedor do camiño xacobeo, sitúa a acción do relato nese eido.  O libro xa está a venda nas librarías e agora que se achega o tempo do Nadal e Reis, agasallar con esta obra será, de seguro, unha opción que moitos escollerán.

SINOPSE

Moito antes que o Códice Calixtino roubaron da catedral de Santiago a xoia máis antiga e amada. Nunca apareceu. Era parte dunha viaxe.

O roubo en 1906 na basílica compostelá da cruz de Afonso III, unha cruz grega do século IX de ouro e xemas, nunca se resolveu. A prensa apenas tratou o sucedido, malia supoñer a perda da ofrenda máis antiga ao apóstolo Santiago e a máis venerada polos peregrinos. En 1921, o misterio aumentou ao arder o retablo de onde desaparecera. Foi un feito insólito e non aclarado e, coma o roubo, axiña esquecido.

Só alguén en Santiago, un xornalista, quererá respostas, non tanto por afán profesional como polo xeito en que estes sucesos condicionarán, sen piedade, a súa vida. Esta busca levarao a cruzarse, de traumático xeito, con outras buscas non menos determinantes. Procuras que aos cen anos do roubo volverán con insospeitadas consecuencias. A clave estará na viaxe metafórica e real ao finis terrae máis mitificado polos europeos a través dos séculos.

A viaxe á fin do mundo é unha historia de interminable misterio onde o amor e a morte se unen para facer de cada pregunta a resposta.

 

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Manuel
    Dec 01, 2015 - 08:52 PM

    Grazas pola noticia, que acabo de ver.
    Unha aperta.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com