A XiraKarting trae a Lugo a iniciativa pioneira ‘Muller é Motor’

O Concello de Lugo apoia por segundo ano consecutivo a iniciativa piloto pioneira en Galicia Muller é Motor que aposta por levar a igualdade aos circuítos de karts e de aí ás probas de rallies, achegando ás nenas e as mulleres este deporte asociado historicamente ao sector masculino. A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, estará este venres 12 ás 13.00 en Augas Férreas para subirse a un kart e probar o circuíto na súa xornada inaugural na cidade. A actividade abrirá as portas ao público o propio venres ás 16.30 e estará ata o domingo en horario de 12.00 a 14.00 e de 16.30 a 21.30.

Grazas ao respaldo do goberno local lucense, que foi o primeiro en apoiar este iniciativa en 2018, todas as nenas e mulleres que o desexen poderán probar un kart de forma gratuíta tanto o sábado como o domingo de 12.00 a 14.00.

Nesta décimo terceira edición de XiraKarting, os nenos e nenas de entre 3 e 7 anos poderán circular acompañados por un adulto nun kart biplaza e os de 8 a 12 conducirán sós nun kart de infantil, con roldas propias para garantir a seguridade. A partir dos 13 anos poderán conducir un kart de adulto.

As entradas de adulto teñen un prezo de 15 euros e as infantís de 10 euros, con mangas de sete minutos, aínda que haberá descontos de 3 euros a través de Gadisa, patrocinador principal (que tamén repartirá invitacións) e co Carné Xove.

XiraKarting preséntase como líder no sector, sendo a primeira e única actividade de karting móbil de Galicia, dirixida a todos os públicos e situada no centro urbano das principais cidades galegas. Ao longo destes trece anos XiraKarting non deixou de evolucionar, adaptándose aos novos tempos e respondendo os cambios producidos no sector. O que naceu como unha proposta á accesibilidade deste deporte a todos os públicos, converteuse na maior plataforma do automobilismo galego.

Novas relacionadas

  1. Alicia Puente Rodríguez
    Abr 11, 2019 - 12:19 AM

    Lila Tojo Lopez vamos??

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com