A XL Semana do Cine inaugúrase este luns coa presentación dun libro homenaxe

O próximo luns vai ter lugar a inauguración oficial da XL edición da Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, en breve acto que se celebrará ás 22,45 h. no Auditorio Gustavo Freire, con asistencia de autoridades representantes dos organismos copatrocinadores: Deputación Provincial de Lugo, Concello de Lugo, Xunta de Galicia e Universidade de Santiago-Campus de Lugo.

De seguido, efectuarase a proxección da primeira das películas a concurso dentro da Sección oficial, Tódalas mulleres que coñezo, que será presentada pola súa directora Xiana do Teixeiro. A película foi rodada en Lugo, con participación de  lucenses que asistirán á proxección.

Nesta  xornada inaugural, ás 19,00 h., na sala da Deputación Provincial, vaise presentar o libro 40 Semanas de Cine en Lugo orixinal de Manuel Curiel e Xulio Xiz, que resume e analiza a traxectoria da Semana de Cine desde o seu nacemento en 1979 ata o momento actual. Con motivo desta Semana tamén se vai publicar o libro homenaxe á actriz de orixe lucense Rosario Durcal.

Desculpas da organización

Tamén nos últimos días houbo actos enmarcados dentro de esta XL Semana Internacional do Cine de Autor. Así, onte, xoves, ás 20,00 horas, na sala da Deputación Provincial, proxectouse A viaxe de Ruth, de Jaime Pardo Valdés e Xosé Reigosa. O interese que espertou esta proxección foi moi grande, e a sala estivo totalmente chea, quedando no exterior bastantes persoas que non puideron asistir á proxección.

Por esta mesma razón, desde a organización e o grupo fotocinematográfico Fonmiñá, piden desculpas a todos aqueles interesados que non puideron acceder á sala, xa que nos casos coma este en que a asistencia ás salas é libre e gratuita, “temos que respectar escrupulosamente o aforo, en cumprimento da normativa en vigor”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com