A xornalísta Esther Eiros doa ou seu arquivo ao Concello de Mondoñedo

A xornalista Esther Eiros Rascado, natural de Bretoña, doa ao Concello de Mondoñedo a propiedade da bibliografía composta polos seus libros de viaxes a nivel nacional e internacional, guías e fotografías, así como un resumo dos premios e recoñecementos ao longo dos seus 52 anos de profesión, 33 co premiado programa radiofónico ‘Gente Viajera’. Eiros e o alcalde, Manuel Otero, asinaron este venres o acordo nun acto na Casa do Concello. Con esta doazón Mondoñedo creará o espazo “Esther Eiros, Gente Viajera”
Eiros explicou, en relación ao seu interese pola información turística, que naceu “partindo daquela maleta de cartón que me levou á capital de España desde a estación de Lugo a Madrid no que era a miña primeira viaxe en tren. Desde entón choveu moito. E agora estou a ver o rexurdir da bela cidade de Mondoñedo, onde chegan moitos peregrinos polo Camiño Norte de Santiago”. A xornalista colaborará tamén, de forma altruísta, na produción de conferencias e actos culturais e na súa difusión a nivel nacional. O Concello expresa o seu agradecemento por esta doazón e levará a cabo, pola súa banda, accións para promover e dar a coñecer a biblioteca que se situará en dependencias municipais e estará aberta ao público en xeral.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com