A xornalista Esther Eiros será a pregoeira das Festas de San Froilán 2022

A comisión municipal de festas celebrada esta maña e composta por oito integrantes, tres do PSdeG-PSOE,  dous do PP. dous do BNG e un de Ciudadanos e presedida pola Concelleira de Cultura, acordou por unanimidade que a xornalista Esther Eiros sexa a pregoeira do San Froilán 2022 e que a poeta, Olga Novo, sexa a oferente a Rosalía

Eiros comezou a súa actividade no ano 1970, presentando diversos programas na Radio Miramar. No 75 desprazouse a París, onde traballou como autónoma, e no 78 estableceuse en Madrid, adicándose á información política nos informativos da Radio Miramar. Entre o 81 e o 90 dirixiu diversos programas en Radio 5 e Radio Cadena Española. Desde o 1993 ata a actualidade, dirixe o programa Gente Viajera de Onda Cero, programa co que gañou a medalla de Turismo da Generalitat de Catalunya en 1992, o premio ONETE de Información Turística no 1997 e o premio APEI-PRTV da Asociación Española de Prensa, Radio e Televisión no 1998. Posúe tamén dúas Antenas de Ouro e gañou nos anos 2004 e 2006 o Micrófono de Ouro.

A poeta da Pobra de Brollón, Olga Novo,  é licenciada en Filoloxía Galega pola USC. A súa carreira literaria comezou no 1996 coa publicación do seu primeiro poemario, A teta sobre o sol. Durante a súa carreira, publicou 5 poemarios e conta tamén con 5 ensaios publicados nos que analiza distintas facetas da literatura galega, ademais, colaborou en 16 obras colectivas con outras poetas. A obra de Olga Novo foi recoñecida co premio Losada Diéguez de literatura no 1998, o premio Ánxel Fole de investigación no 2004, ano no que foi recoñecida tamén polo Patronato da Cultura Galega de Montevideo, ao adicarlle esta asociación o Día da Poesía. Novo foi recoñecida tamén co premio da Crítica da poesía galega no 2011 e no 2019, o premio de Historia Medieval de Galiza e Portugal no 2012, e no 2020 foi recoñecida co Premio Nacional de Poesía outorgado polo ministerio de Cultura.

Asemade tamén se anunciaron as actuacións de Treixadura, Ariel Rot e Kiko Veneno.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com