" />
Cementos Cosmos. Na sala de xuntas da Consellería, 4º andar foto xoán crespo 28/02/17

A Xunta abonará 722 bolsas de comedor para compensar aos usuarios o período de suspensión das escolas infantís

A Xunta prevé abonar 722 bolsas de comedor na provincia de Lugo para compensar aos usuarios das escolas infantís que tiñan dereito a esta axuda e deixaron de percibila tras o peche dos centros a causa do estado de alarma.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que a Consellería de Política Social abonará nun só pago a contía que tería destinada a cada familia beneficiaria dende a suspensión das actividades, o 16 de marzo. Afirmou que xa contactaron cos interesados, aos que se lles require como único trámite estar ao corrente das súa obrigas tributarias e sociais e unha autorización para consultar os datos bancarios.

Esta bonificación está destinada ás familias usuarias do servizo de comedor nas escolas infantís de 0-3 anos de titularidade autonómica, nunha praza concertada en escolas infantís privadas ou aquelas que perciben unha axuda de comedor a través do Bono Concilia. A contía concedida responde á bonificación que tiñan concedida polo custo diario do menú nos días lectivos que estivo suspendida a actividade nestes centros.

As familias que se beneficiaron dunha bonificación de comedor por ter unha renda mensual inferior aos 403 euros percibirán unha axuda de 2,5 euros ao día. Pola súa banda, as familias que contan con esta bonificación por dispor dunha renda mensual de entre 403 e 672 euros percibirán unha bolsa de 1,5 euros ao día.

O primeiro pagamento será o correspondente aos días lectivos transcorridos ata ese momento. Pode haber pagamentos sucesivos en función dos días que se suspendan en eventuais prórrogas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo