" />

A Xunta achega 50.000 euros para o Centro de Acollida para vítimas de Violencia de Xénero de Lugo

A Consellería de Emprego e Igualdade achega 50.000 euros ao Concello de Lugo para colaborar no mantemento do centro de acollida para vítimas de violencia de xénero, de titularidade municipal e incluído na rede autonómica de centros de atención a mulleres.

O delegado territorial, Javier Arias, subliñou a importancia de “reforzar todos os recursos, coordinar as accións administrativas e colaborar para ofrecer unha atención integral ás mulleres que sofren violencia e aos seus fillos e fillas”. O convenio, de periodicidade anual, está destinado a cofinanciar os gastos correntes derivados do funcionamento do servizo.

A rede galega de acollemento agrupa os recursos especializados, residenciais e temporais, que ofrecen a Xunta e os concellos ás vítimas de violencia de xénero; son espazos de protección no que recibir un tratamento integral que favoreza a superación dos efectos da violencia e a normalización da súa situación persoal.

Xunto con este acordo, a Secretaría Xeral da Igualdade ten convenios -entre outros- coa Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento de medidas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, ou coa asociación lucense Aliad-Ultreia para o desenvolvemento de accións de información, prevención, sensibilización, atención e apoio a vítimas de violencia sexual e trata.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo