" />

A Xunta de Galicia interven a residencia de maiores Domus Vi Lugo

A Xunta de Galicia vén de tomar a decisión de intervir a residencia de maiores Domus Vi Lugo, no municipio de Outeiro de Rei, tralo incremento no número de positivos por coronavirus rexistrado hoxe. Tras avaliar a evolución epidemiolóxica do centro coas consellerías de Sanidade e Política Social, acordaron tomar esta decisión para garantir a calidade asistencial e a correcta protección da saúde dos residentes e traballadores do centro.

Coa intervención sanitaria da residencia, os profesionais do Servizo Galego de Saúde farán un seguimento médico constante das persoas usuarias desta residencia e supervisarán a correcta aplicación dos protocolos aprobados pola Xunta de Galicia.

Tómase esta decisión no mesmo día no que se coñecen os resultados do segundo cribado practicado na residencia, no que se realizaron 168 probas PCR tanto a residentes como a traballadores. Neste cribado detectáronse 94 novos positivos entre os usuarios e 5 entre os profesionais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo