A Xunta entrega hoxe 2.000 tarros de mel ao banco de alimentos de Lugo

A Consellería do Medio Rural entrega hoxe ao Banco de Alimentos de Lugo un total de 2.000 tarros de mel comprados ao abeiro da rede Mercaproximidade para abastecer ás familias máis vulnerables durante a situación deemerxencia sanitaria por mor do coronavirus.

Balseiro sinalou tamén que a administración galega distribuíu durante esta semana “diversos produtos agroalimentarios no hospital Lucus Augusti, no de Monforte de Lemos e no da Mariña, así como na sede de Cáritas en Lugo; as doazóns continuarán durante as próximas semanas”.

A rede Mercaproximidade, a canle alternativa de comercialización concibida para os produtores e industrias afectados polo peche da hostalaría e os mercados municipais, contempla de xeito excepcional que a Xunta compre produtos agroalimentarios con fins sociais. Un xeito de, por unha parte, contribuír ás economías dos agricultores e gandeiros galegos, e por outra, asegurar o aprovisionamento de todas as familias con plenas garantías.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Luis Díaz
    Abr 30, 2020 - 03:09 PM

    Si hubiese menos corruptos y menos ladrones en las derechas, no habría familias vulnerables a las que después de explotar se les intenta endulzar con miel.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com